Vídeo promocional para a campaña de Nadal de Creativas Galegas
Hoxe volvemos a falar do colectivo Creativas Galegas, colectivo do cal somos parte activa e recentemente galardoado co premio Manuel Beiras pola posta en valor e o uso do galego no ámbito da comunicación empresarial.

Pero esta vez será polo recente traballo levado a cabo para o colectivo. Un traballo audiovisual cunha intención promocional amosando a filosofía de Creativas Galegas. Unha filosofía de respecto. Respecto polo mundo que nos rodea, por tódolos seres que o compoñen e habitan en el, respecto por nós e polos que están por vir. Un brindis pola cultura, a creatividade, o feito a man e co corazón. O prevalecer do emocional fronte o material.


Nós, os que conformamos AGRUOSTUDIO, sentímonos coma na casa traballando para Creativas Galegas. E iso nótase no resultado.

 
 

Queremos tamén facer fincapé na maravillosa composición e interpretación musical responsabilidade de Celia Pía.

Agardamos que sexa do voso agrado.

Vídeo promocional para a campaña de Nadal de Creativas Galegas
(AGRUOSTUDIO) Iago Lorenzo Castaño, Iago Lorenzo Castaño 28 xullo, 2022
Comparte esta publicación
arquivo
Sign in to leave a comment