¿ E ti de quen vés sendo ?
AgruoStudio é un proxecto que creamos Eva e Iago no ano 2018. A experiencia en novas tecnoloxías de ambos e a paixón por crear fixeron tomar a decisión de emprender un plan de negocio que permitise mesturar o dixital coa creatividade dun xeito amigable e sostible.
A nosa complementación e sinerxia é parte fundamental do que hoxe en día é AgrúoStudio.
Vivimos nunha época na que “o inmediato” é o que caracteriza o día a día. Este concepto ten como resultado a inflexibilidade. Fuxir de esta norma na medida do posible é parte da nosa filosofía de traballo e tamén o que nos fai gozar da nosa profesión. Iso sempre ten como resultado un bo traballo que comprace a quen conta con nós.

Disfrutar del proceso es obligatorio, y tú formas parte de él.

Eva Santos. Comercio electrónico e marketing.
Sen ela esto sería un caos. É metódica e a súa cabeza é como unha base de datos do coñecemento. Todo o sabe, e se non, rebuscará en mil universos ata atopar a resposta. É unha especialista do mundo do comercio electrónico, base fundamental dos produtos de AgruoStudio.

Iago Lorenzo. Deseño web, fotografía e imaxe.
A cabeza non lle para, ás veces parece un botafumeiro. Gústanlle os cacharriños e cacharrear. Sempre está pegado ao lápis dixital pois é quen se encarga da parte máis gráfica e visual. Tamén é informático pero eso non o quere dicir.
Por suposto, o mérito non é únicamente noso.
A honestidade é un dos principios, e polo tanto cabe recoñécer que non sabemos de todo e por iso arrodeámonos dos mellores profesionais cos que traballamos man a man en aqueles puntos nos que non somos especialistas.
De este xeito garantimos sempre un resultado profesional, que por iso estamos aquí.