Axudas do 80% para dixitalización de comercio e artesanía en Galicia.
Acóllete ás axudas para deseño web, comercio electrónico, fotografía de producto profesional, marketing e todo o relacionado co mundo dixital.

 

Xa temos dispoñibles un ano máis as novas axudas á dixitalización do comercio en Galicia. Estas axudas cubren nada máis e nada menos que o 80% da inversión realizada en torno aos avances dixitais implementados no teu negocio.

¿Para quen están destinadas estas axudas?

Estas axudas van destinadas aos comerciantes retallistas e a artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Esta é unha boa oportunidade para que o sector do pequeno comercio e os obradoiros artesáns poidan dixitalizar o seu negocio e acadar novos nichos de mercado a través da rede.

¿Cales son as actuacións subvencionables?

As actuacións subvencionables en este bloque de axudas e que podemos atender dende AGRUOSTUDIO son as seguintes:

  • Implantación e actualización de páxinas web.

  • Implantación e actualización de tenda online.

  • Implantación de ferramentas e programas de xestión conectados coa páxina web e plataformas comerciais.

  • Actuacións publicitarias e ferramentas de marketing, fotografía e vídeo publicitario.

  • Publicidade dixital e servizos profesionais de Community Manager.

Sen dúbida é o momento perfecto, tanto se necesitas dixitalizar profesionalmente o teu negocio como se é momento de dar un paso máis e actualizar a un sistema máis completo.

Se necesitas máis información non dubides en contactar con nós e, coma sempre, trataremos de que te achegues ao mundo dixital do xeito máis amigable posible.

Axudas do 80% para dixitalización de comercio e artesanía en Galicia.
(AGRUOSTUDIO) Iago Lorenzo Castaño, Iago Lorenzo Castaño 28 xullo, 2022
Comparte esta publicación
arquivo
Sign in to leave a comment
KIT DIGITAL – Subvencións de ata 12000€ para dixitalización de PEMES.
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital pon á túa disposición as axudas do Programa Kit Digital. Tanto se es autónomo como se tes un pequeno comercio, para que mediante unha subvención poidas incorporar as solucións dixitais do catálogo que mellor se adapte ao teu negocio.