Xa temos dispoñibles un ano máis as novas axudas á dixitalización do comercio en Galicia. Estas axudas cubren nada máis e nada menos que o 80% da inversión realizada en torno aos avances dixitais implementados no teu negocio.
¿Para quen están destinadas estas axudas?
Estas axudas van destinadas aos comerciantes retallistas e a artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Esta é unha boa oportunidade para que o sector do pequeno comercio e os obradoiros artesáns poidan dixitalizar o seu negocio e acadar novos nichos de mercado a través da rede.
¿Cales son as actuacións subvencionables?
As actuacións subvencionables en este bloque de axudas e que podemos atender dende AGRUOSTUDIO son as seguintes:
Implantación e actualización de páxinas web.
Implantación e actualización de tenda online.
Implantación de ferramentas e programas de xestión conectados coa páxina web e plataformas comerciais.
Actuacións publicitarias e ferramentas de marketing, fotografía e vídeo publicitario.
Publicidade dixital e servizos profesionais de Community Manager.
Sen dúbida é o momento perfecto, tanto se necesitas dixitalizar profesionalmente o teu negocio como se é momento de dar un paso máis e actualizar a un sistema máis completo.
Se necesitas máis información non dubides en contactar con nós e, coma sempre, trataremos de que te achegues ao mundo dixital do xeito máis amigable posible.