Blogger
Novos tempos, novas metas. Novo blog!

Despois de prometelo en moitas ocasión e ás veces de recomendalo a algún cliente decidímonos a dar exemplo. Si, ¡a dar exemplo!

Xa está ben de “na casa do ferreiro…” porque en este ano 2021, tan cheo de luces e sombras, quixemos levar o noso proxecto a outro nivel. Ao nivel que merece.

Foi xa a finais de 2017 cando puxemos o primeiro ladrillo do que hoxe en díá é AGRUOSTUDIO e foi un pouco despois cando amosamos públicamente o proxecto  nos medios que xa coñecedes.


Hoxe en día AGRUOSTUDIO non é o que era hai 3 anos, e ese é o motivo que nos levou a ter que darlle unha nova imaxe, ofrecer novos produtos e servicios así como deixar outros a un lado.

Este, o blog, é un dos cambios que implementamos para mellorar a comunicación con vós e que tanto clientes coma non clientes poidades estar ao tanto das novidades do sector do deseño web, comercio electrónico, e-learning, fotografía de produto e publicitaria así como e traballos que ao longo do tempo levaremos a cabo.

Ademáis tamén iremos falando dos novos servizos que, grazas ao boca a boca levamos tempo ofrecendo pero que por mor da carga de traballo non era posible darlle forma e presentalos como un produto. Falamos, por exemplo, da subscrición á páxina web ou subscrición á tenda online, algo que tanto nos pedíchedes. Tamén  tódolos módulos web que temos activos e que iremos ampliando a medida que nos dea o alento.

O xiro foi de 180º, e á vez somos o mesmo que éramos hai uns anos. Cada vez máis achegados aos proxectos máis motivantes e que requiren dun traballo máis “amodo”. Esa filosofía marcou o noso percorrido e continua sinalando o camiño. Os nosos principios manteñen a paixón pola nosa profesión.

Todo isto xa é unha realidade.

Damos comezo a AGRUOSTUDIO 2021.


Blogger
(AGRUOSTUDIO) Iago Lorenzo Castaño, Iago Lorenzo Castaño 28 xullo, 2022
Comparte esta publicación
arquivo
Sign in to leave a comment
AGRUOSTUDIO deséxavos unhas boas festas e próspero aninovo.