O teu proxecto

a outro nivel

¿Algunha vez escoitaches falar de “imaxe dixital”?

Seguro que si. Unha fotografía ou  vídeo de producto ou publicitario son  parte fundamental e importantísima para acadar unha imaxe dixital á altura do teu proxecto. 

Atreveríamonos a dicir que pode ser un dos pilares principais para que o teu proxecto ou negocio consiga despegar.

Ou simplemente queres mostrar unha imaxe corporativa da túa empresa do máis profesional.

Fotografía de produto

Fotografía orientada a productos para o seu uso en plataformas dixitais, tendas online, redes sociais e catálogo.

Fotografía publicitaria

Fotografía orientada a redes sociais, catálogo e banners publicitarios. 

Vídeo

Vídeo publicitario ou corporativo orientado a publicidade ou simplemente a mostrar o mellor do teu proxecto.

Imaxes aéreas

Posibilidade de incluir imaxes e tomas aéreas.

Saber máis

Adaptado

O resultado estará completamente adaptado á finalidade para a que foi encargada.

Fotografía de produto Cando unha imaxe vale máis que mil palabras

A fotografía de produto é unha parte fundamental dun negocio actual na era dixital. Tanto para a tua tenda online, redes sociais ou catálogo de produtos, mostrar unha imaxe profesional é a clave para que os clientes confíen no teu negocio. Como non, a función dunha boa fotografía de produto é ademáis resaltar o teu produto de tal xeito que enamore a primeira vista.

Fotografía publicitaria Amor a primeira vista

A fotografía publicitaria está orientada a vender e amosar as características dun produto de xeito que un público obxetivo se sinta abraiado por éste.

A fotografía publicitaria ten un uso maior para o desenvolvemento de páxinas web e tendas online e é un engadido fantástico á fotografía de produto.

Imaxes aéreas A onde ti non chegas, chegamos nos

O uso de drons na procura de imaxes espectaculares é algo ao que xa estamos acostumados hoxe en día. E o certo é que así é. Un dos puntos máis importantes na base dos nosos deseños web, de vídeo ou fotográficos publicitarios é a obtención de contido visual o máis atractivo posible.

Como na casa pero con resultado profesional