¿E ti de quen vés sendo?

AgruoStudio é un proxecto que creamos Eva e Iago  no ano 2018. A experiencia en novas tecnoloxías de ambos e a paixón por crear fixeron tomar a decisión de emprender un plan de negocio que permitise mesturar o dixital coa creatividade dun xeito amigable e sostible.A nosa complementación e sinerxia é  parte fundamental do que hoxe en día é AgrúoStudio.

Vivimos nunha época na que “o inmediato” é o  que caracteriza o día a día. Este concepto ten como resultado a inflexibilidade. Fuxir de esta norma na medida do posible é parte da nosa filosofía de traballo e tamén o que nos fai gozar da nosa profesión. Iso sempre ten como resultado un bo traballo que comprace a quen conta con nós.

Disfrutar do proceso é obrigatorio, e ti eres parte del.

Iago Lorenzo

Fotografía e deseño

A cabeza non lle para, ás veces parece un botafumeiro. Gústanlle os cacharriños e cacharrear. Sempre está pegado ao lápis dixital pois é quen se encarga da parte máis gráfica e visual. Tamén é informático pero eso non o quere dicir.

Eva Santos

eCommerce e solucións

Eva tamén é informática, e tampouco o quere dicir.

Sen ela esto sería un caos. É metódica e a súa cabeza é como unha base de datos do coñecemento. Todo o sabe, e se non, rebuscará en mil universos ata atopar a resposta. É unha especialista do mundo do comercio electrónico, base fundamental dos produtos de AgruoStudio.

Por suposto, o mérito non é únicamente noso.

A honestidade é un dos principios, e polo tanto cabe recoñécer que non sabemos de todo e por iso arrodeámonos dos mellores profesionais cos que traballamos man a man en aqueles puntos nos que non somos especialistas. De este xeito garantimos sempre un resultado profesional, que por iso estamos aquí.