"
  • Quen non embarca
  • Non se marea
"
Caixas_Servizos_Agruostudio_v2
Doado Explicadiño
Non traballamos para ti Traballamos contigo
Os principios primeiro (Por algo son principios)
Somos persoas

Deseño web Un espazo dixital para o teu proxecto.

Sabías que o deseño web require de moitísimas disciplinas? Realmente é apaixoante!

Para levar o teu proxecto a unha pantalla dixital recorremos moitos camiños. E moitos de estos camiños deben ir contigo da man. Por iso deseñamos contigo!

Pasaremos pola parte estructural para ensinar todo dun xeito ordenado, faremos incapé na tua imaxe corporativa para que quede clariño que es ti e por último poremos en valor o teu produto ou servizo para que non haxa excusa.

Todo isto soportado por un sistema técnico de primeira.

Fotografía de produto Cando unha imaxe vale máis que mil palabras

A fotografía de producto é unha parte fundamental dun negocio actual na era dixital. Tanto para a tua tenda online, redes sociais ou catálogo de produtos, mostrar unha imaxe profesional é a clave para que os clientes confíen no teu negocio. Como non, a función dunha boa fotografía de produto é ademáis resaltar o teu producto de tal xeito que enamore a primeira vista.

Imaxes aéreas A onde ti non chegas, chegamos nos

O uso de drons na procura de imaxes espectaculares é algo ao que xa estamos acostumados hoxe en día. E o certo é que así é. Un dos puntos máis importantes na base dos nosos deseños web, de vídeo ou fotográficos publicitarios é a obtención de contido visual o máis atractivo posible.

Software de xestión Que a tecnoloxía faga a sua parte.

Un software de xestión é indispensable para o bo funcionamento dun negocio, pero este debe estar adaptado ás necesidades, posibilidades e requerimentos do mesmo. Por este motivo colaboramos estreitamente con distintos desenvolvedores de software que nos permitan ofrecerche o máis axeitado para ti.

Adaptado

Dispoñemos de distintos programas para poder ofrecerche o máis axeitado en cada momento.

Sinxelo

Procuramos que tanto o proceso como a usabilidade sexa sinxlo para ti

Todo conectado

Basámonos en sistemas profesionais, que manteñan todo sincronizado e que che axuden a aforrar tempo.

Para tod@s

Dispoñemos de un software específico para cada caso. Porque non todolas circunstancias e necesidades son as mesmas.

Medra contigo

É moi importante pensar no futuro. E por iso traballamos con sistemas escalables que che axuden e medren contigo.

Fotografía deseño

Iago Lorenzo

eCommerce

Eva Santos

Somos

A noso obxetivo principal básase en ser o teu “apoio dixital” e que poidamos ser cómplices e protagonistas da construcción do teu proxecto. Poder ofrecerche a solución axeitada no momento xusto e que entendas en que punto te atopas para que poidas decidir con seguridade.

¿Cóntasnos?

¿Que necesita o teu negocio?

¿Buscas darlle un impulso á tua marca? ¿Non sabes como encauzar o teu seguinte obxetivo no universo dixital? ¿Necesitas profesionalizar a tua imaxe en internet?

Déixanos a tua mensaxe e poñerémonos en contacto contigo canto antes.